Dende o venres 19 de decembro e ata o 11 de xaneiro, o Recinto Feiral de Pontevedra acollerá a XIII edición do parque de actividades de lecer Nadalocio. Una actividade organizada por Diverneno, promovida polo Concello de Pontevedra e o Pazo da Cultura. Nadalocio, permanecerá pechado o día 5 de xaneiro e contará con horario reducido os días 24 e 31 de decemebro, de 12:00 a 19:00 horas. A pista de xeo e o circuito exterior de karts, abrirán de luns a domingo en horario de 16:30 a 23h. O parque de ocio, de 16:30 a 21 horas . A entrada ao recinto terá custe de 1€, ao que haberá que engadirlle o prezo da actividade escollida dentro. PISTA DE XEO A que podería considerarse a actividade estrela deste parque, estará presente un ano máis. Os participantes poderán poñer en práctica as súas habilidades de patinaxe sobre xeo ou aprender a manexarse sobre os patins nos 600 m2. de pista.. Os requisitos para o acceso á mesma son calzar entre un 25 e un 47 de pé e que os menores de 8 anos vaian acompañados dun adulto. A duración da actividade é de 45 minutos, e ten un custe de 5€. O uso de luvas é obrigatorio e no caso de ter que mercalas, o prezo será de 1€ máis. Esta actividades conta cunha serie de normas especificas para o seu desenvolvemento. Ademáis deberán respetarse as recomendacións para o correcto uso das instalación favorecendo así o disfrute de todos os usuarios. Para garantir a seguridade e orde, estarán á disposción dos participantes un titulado auxiliar de enfermería, dous patinadores profesionais e 3 monitores. Cada quenda terá unha capacidade máxima de 90 persoas PARQUE DE OCIO A pulseira que da dereito ao uso de todas as actividade do parque ten un prezo de 3 euros. Contará con 12 monitores ao cargo das mesmas: ZONA INFANTIL (ata 6 anos) 2 inchables e ludoteca. Instalado en recinto pechado para mior control dos nenos. Funcinará como unha gardaría e os nenos/as poderán permanecer un máximo de 45 min. A recollida dos rapaces farase de xeito controladao. O material irase alternando OCIO INFANTIL (actividades restrinxidas por idades) Ata 6 anos, inchables: Casa de Troncos, Torres, A granxa, Casa Parchís, Casa Pelotas, Piratas, Coello. A partir de 7 anos, Tobogáns inchables xigantes, 3 inchables para saltar, competición: Pista americana, Futbolín Humán e Súper Gum e aparellos mecánicos coma Touro mecánico, Búfalo, Taboa de Surf.. O aforo variará en funciñon das medias dos inchables, e duración en relación coa afluencia de nenos. Minimizaranse tempos de agarda. TIROLINA XIGANTE (+3 anos) Montarase unha tirolina ao longo do recinto. Unha das actividades máis espectaculares e preferidas polos asistentes que consiste no desprazamenteo entre dous puntos situados a fiferentes altura, mediante un sistema de polesas que se deslizan por dúas cordas de tensión. Actividade para persoas de calquera idade, a partir de 3 anos e con posibildade de ir en tándem cun adulto). 1 usuario/3min. PONTE TIBETANA (+3 anos) Ponte construída con cordas e unha rede de protección. Empregarase para superar obstáculos en terrreos como ríos ou cortadas. Non é necesaria ninguna habilidade especial para empregalo xa que conta con dúas cordas a xeito de baranda ademais dunha rede que cubre unha posible caída. TRAMPOLÍN JUMPERS (+7 anos) 4 camas elásticas onde os usuarios saltarán suxeitos por medio de gomas elásticas que lles permiten realizar acrobacias e piruetas aéreas. Capacidade: 4 usuarios por quenda/ 5 min. CIRCUITOS (+4 anos) Circuito racing con bicicletas balancín e diferentes Karts a pedais, VEHÍCULOS BIPRAZA. Actividade que permite o disfruta familiar, para nenos maiores de 4 CIRCUITO DE KARTS (No exterior do Recinto) No exterior do recinto instalarase un circuito de Karts para adultos e rapaces, co mesmo horario que a pista de xeo. A duración da actividade é de 7 voltas ao circuito e o prezo varía: 7€ para adultos, 5€ infantís e 8€ bipraza.Toda unha experiencia que nos fará sentir por un momento coma un piloto de Formula – 1. Idade infantil: de 5 a 12 anos Idade adulto: a partir de 12 anos.
0 Comentarios
Deja una respuesta. |
NoticiasDesde nuestro blog de noticias queremos mantenerte informado de todas nuestras promociones y ofertas así como de las actividades y eventos de nuestro entorno. Archivos
Febrero 2015
Categorías |